Campus baloncesto Obradoiro Cab Sad – Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportesLocal
A-
A+
Presentación do campus aos participantes

Presentación do campus aos participantes

Do 1 ao 6 de xullo

Organizado polo Obradoiro CAB SAD e no que colaboran o Concello de Boiro e o Club Baloncesto Santa Baia

Hoxe inaugurouse este campus no que participan arredor de 70 nenos de seis categorías: Prebenxamíns, Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadetes e Juniors, de idades comprendidas entre os 5 e 18 anos.

Alberto Corbacho xogador do Obradoiro CAB foi o encargado da apertura deste campus esta tarde xunto co Alcalde e Concelleiro de Deportes. O xogador estará adestrando cos nenos hoxe pola tarde e maña pola maña, está previsto tamén que o técnico do equipo Moncho Fernández se achegue o vindeiro sábado a Boiro.

1 de xullo de 2013 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.