Campionato Galego de Billar Pool no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalLocal PortadaO Carballiño
A-
A+
Vista xeral dos participantes no campionato

Vista xeral dos participantes no campionato

O sábado 29, ás 10 da mañá, arrancou a segunda xornada do Campionato Galego de Billar Pool que se está a celebrar estes días en Carballiño coa presentación oficial deste e ante a presenza do Exmo. Sr. Argimiro Marnotes, Alcalde deste concello. A xornada foi longa, e a máis numerosa de participación, xa que todas as modalidades de equipos galegos se deron cita; ao redor de 1200 xogadores, cos seus respectivos acompañantes achegáronse ao Polideportivo Paco Chao para culminar co seu mellor xogo a tempada deportiva 2012/2013.

De forma resumida, e contando cos enfrontamentos de Parellas Mixtas que xa se disputaron, os resultados máis destacados son:

– Parellas Mixtas 1ª División: xa están na final que se xogará xunto coas de todas as demais disciplinas, Verónica Gonzalez/Marcos Rivera (Canto do Amigo, Ourense) e os vixentes campións Cristina López/Pablo Marqués (Open Pool, Lugo).

– Parellas Mixtas 2ª División: tamén na final Antía Becerra/Juan Becerra (A Barrica, Ordes) e Sonia Vilan/José Miguel Estévez (Goya, Ponteareas).

– Equipos Divisións 1ª, 2ª A, 2ªB e 3ª, aínda non están claros os favoritos e será na xornada do domingo 30 cando estas competicións cheguen ás partidas que dan acceso ao podio.

– Open Individual Bola 9: esta competición fíxose exclusivamente para os xogadores galegos de maior nivel, e disputouse en mesas de 9 pés, moito mais grandes e con maior dificultade que as do resto de modalidades. Na final están David Álvarez e Héctor del Amo, ambos os dous do club Zona 8 de Vigo. Estes dous xogadores e o 3º da proba, o lucense Óscar Capón formarán parte da selección galega que disputará a próxima semana un Triangular coas seleccións de Portugal e Carballiño.

O domingo foi outra xornada máis de tacos, bólas e tapetes en Carballiño; os equipos que onte conseguiron pasar o corte estiveron a disputar as súas partidas dende as 10.00 horas da mañá.

A falta das últimas partidas de equipos de 1ª División, os das demais categorías inferiores chegaron á final dos cadros e os equipos clasificados para as partidas Finais do 14 de Xullo son:

– Equipos 2ª A: Dorna Play Pool (Vilanova de Arousa) / EuroPool Tira Suave (Vigo)

– Equipos 2ªB: Boavista Autos Maycar (Dena) / Centro Cívico Emilio Team (Xove)

– Equipos 3ª: Pool Bola 8 Garimba (Baiona) / King Pool Camaleón (Nigrán)

Tamén xogouse o primeiro dos tres cadros de xogadores da modalidade individual 3ª Categoría, deixando xa 8 xogadores clasificados para a fase final.

O próximo xoves comezan as competicións nacionais coas Finais Nacionais CEP clasificatorias para o Campionato do Mundo de Billar Pool 2014 en Las Vegas.

2 de xullo de 2013 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.