Campamentos de verán 2013 e Unidade Asistencial de Drogodependencias
Un ano máis o persoal do Equipo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Monforte, pertencente á concellería de Sanidade que dirixe Antonino Luaces, colabora nos Campamentos de Verán do Concello.
Para elo, e coa axuda dos monitores do campamento, realízanse talleres que teñen como obxectivos aprender a ocupar de forma saudable o tempo de lecer e establecer contacto directo coa Educadora Social da UAD, o que facilita a prevención de drogodependencias que se leva a cabo en todos os colexios da cidade ao longo do curso escolar.











