Cambre licita unha obra para mellorar a eficiencia energética de varias parroquias do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

O Concello de Cambre licita a obra “Aforro e mellora da eficiencia enerxética mediante a implantación de reductores estabilizadores de tensión, interruptores astronómicos e luminarias anticontaminantes lumínicas nas iluminacións exteriores do Concello de Cambre” que ten por obxectivo mellorar a iluminación en varias parroquias do concello, aforrar o gasto energético por medio de reductores e interruptores astronómicos e colocar luminarias anticontaminantes para cumplir coa normativa actual.

O Prazo de ejecución da obra será de dous meses e medio desde a formalización do contrato. Este prazo resulta de sumarlle, ao tempo de execución previsto para a instalación (de dous meses, contados desde a sinatura da acta de comprobación do replanteo), o prazo de 15 días estimado como máximo para a subministración de materiais e sinatura da antedita acta. O importe total do contrato é de 91.648,24 €, sen IVE. O Concello adxudicará a obra nas próximas semanas co obxectivo de que rematen a finais de outono.

4 de xullo de 2013 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.