Cambre acolle a concentración de vespas, lambretas e LML clásicas golfo-escuterada, 5ª Golfo-Escuterada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCambreLocal
A-
A+

08072013-27O próximo 3 de agosto, a través a asociación Golfos Artabros Escuter Clube, realizaremos a 5ª golfo-escuterada, que é unha reunión anual de Vespas, Lambrettas e LML clásicas, realizandola este ano no paseo marítimo do Tempero, á altura de La Terraza.

Irémonos concentrando escuteristas chegados de toda Galicia, nese lugar, sobre as 12 horas, para degustar alí mesmo unha churrascada, quedando mentres tantas a nosa queridas scooters, estacionadas ao longo do paseo marítimo para desfrute de veciños e turistas.

Sobre as 16:30 arrancaremos unha ruta que nos levará ata o encoro de Cecebre, pasando previamente polas rúas de El Temple e do propio Cambre, para continuar ata A Coruña.

Durante todo o evento imos levar a cabo unha acción solidaria de recollida de alimentos non perecedoiros para a súa posterior entrega á despensa municipal dese Concello.

8 de xullo de 2013 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.