Caión acolle a segunda quenda dos campamentos de verán do Concello da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+
Participantes no campamento de verán

Participantes no campamento de verán

A localidade de Caión está a acoller a segunda quenda dos campamentos de verán que organiza o Concello da Laracha no marco do programa de actividades que se ofertan durante as vacacións escolares.

Nesta semana, de luns a venres, están a participar cincuenta nenos de idades comprendidas entre os doce e os quince anos. Na semana pasada esta mesma actividade foi dirixida a nenos de oito a once anos, cubríndose tamén todas as prazas dispoñibles. Por tanto, contouse en total cun centenar de rapaces.

Hoxe unha das actividades desenvolvidas foi o cursillo de iniciación ao surf que impartiu o club local Caión na onda. O programa semanal tamén inclúe saídas ao parque acuático de Cerceda, unha xornada multiaventura en Begonte, rutas de sendeirismo pola vila de Caión e outras moitas actividades deportivas e ludo-recreativas a realizar principalmente na praia.

Desde o luns a ata o venres a xornada comeza ás 10.00 horas coa saída do autobús da Praza do Concello, sendo o regreso ás 18.00 horas. O Concello da Laracha asume os custos do transporte, do xantar e de todas as actividades que se levan a cabo en Caión.

10 de xullo de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.