Cabanas acolleu o II Torneo de Padel do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasDeportesLocal
A-
A+

Este pasado domingo xogáronse os últimos encontros do II Torneo de Padel do Concello de Cabanas, que se viña disputando dende o pasado venres 5 de xullo nas pistas da Veiga. En total participaron nesta edición vinte e catro parellas, tanto masculinas, como femininas e mixtas, sendo valorada moi positivamente a participación por parte do Concello, agradecendo ademais a colaboración prestada no mesmo por Coca-Cola.

Os vencedores na categoría de terceira masculina foron a parella formada por Juan Carlos García e Javier Cortizas, que superaron na súa final a José Ignacio Fernández de la Puente e Antonio Fernández por un resultado de 6-0 e 6-3. Na final de consolación desta categoría, os vencedores foron Rubén González e Marcos Rodríguez que superaron por 4-6, 6-2 e 6-3 a parella de Ángel Montero e Marcos Montero.

No que se refire a categoría de cuarta masculina, os que lograron a victoria final foron Pablo Mirón e Rubén García que derrotaron a José Montero e Fran Paz por un total de 3-6, 7-5 e 6-1. No tocante a final de consolación, Salvador Asensio e Luis Cabalar levaron o premio logo de que os seus opoñentes, Francisco Romero e Óscar Vivar se retiraran por lesión.

Na liguilla feminina, Fani Piñeiro e Cristina Piñeiro foron as máis regulares, mentres que o subcampeonato foi para Ana María Pena e María Carmen Margharetto.

Xa para rematar, en categoría mixta a parella formada por Beatriz Mateo e José Fernández de la Puente leváronse a vitoria final superando a María Carmen Margharetto e Antonio Álvarez por 6-4 e 6-4.

15 de xullo de 2013 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.