Cabanas acolle un Torneo de Baloncesto 3×3
A pista de baloncesto do Parque do Areal, en Cabanas, será un ano máis o escenario para que se leve a cabo o Torneo de Baloncesto 3×3 de Cabanas. Dende este próximo venres e ata o domingo 28 de xullo, os máis de 70 participantes que tomarán parte loitaran por facerse co triunfo final. Esta será a sétima edición deste torneo estival que xa está consolidado como unha das citas importantes para todos os afeccionados ó mundo da canastra.
Os primeiros encontros empezarán a xogarse este venres a partir das 16:00 horas. O sábado os encontros retomaranse ás 10:00 da mañá, e logo dun descanso a mediodía, volverán ás pistas de xogo ás 16:00 horas. O domingo o horario será o mesmo. A final desta edición está previsto que se leve a cabo ás 20:00 horas.











