Cabanas acolle a presentación de regatas de piragüismo e kayak

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasDeportesLocal
A-
A+

O Concello de Cabanas estase a volcar coa promoción do piragüismo e o kayak neste último ano. Ademais de colaborar co recentemente fundado club KDM de Cabanas, o municipio levará a cabo durante o próximo fin de semana dúas regatas coas que se pretende darlle inda máis repercusión a este deporte. Será un fin de semana de intensa actividade deportiva coa celebración o sábado 20 de xullo da II Regata de Piragüismo da Liga Provincial da Coruña e o domingo 21 de xullo do I Open Galego de Kayak de Mar. A presentación destas dúas probas terá lugar mañá mércores, 17 de xullo ás 13:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol. No acto estará presente o Alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, xunto co Presidente do KDM Cabanas, Gumersindo López Iglesias.

Asunto: Presentación da II Regata de Piragüismo da Liga Provincial da Coruña e I Open Galego de Kayak de Mar

Lugar: Galería Sargadelos de Ferrol

Data: Mércores 17 de xullo de 2013

Hora: 13:00 horas

Asistentes: Germán Castrillón, Alcalde de Cabanas; Gumersindo López Iglesias, Presidente KDM Cabanas

16 de xullo de 2013 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.