publicidade hoxe

BurgoJazz arranca con decenas de espectadores animados polo bo tempo e a calidade musical dos concertos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

Éxito de público na primeira xornada do festival BurgoJazz, que se iniciou na noite de onte no xardín botánico do Burgo. Decenas de espectadores achegáronse ata o recinto, animados pola oferta musical programada polo Concello de Culleredo e polas excelentes condicións meteorolóxicas da noite cullerdense.

A Big Band do Conservatorio de Culleredo e Jazz Tenders foron os encargados da estrea do festival. A primeira debuta no certame nunha iniciativa da Concellaría de Cultura por difundir o traballo e calidade deste grupo do Conservatorio de Culleredo.

O BurgoJazz cumpre este ano se XIII edición. O goberno municipal concibe a cita como unha oportunidade para promover o jazz galego e local, á par que se dinamiza o municipio cunha oferta musical alternativa e nun ámbito inigualable, explica a concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro.

O festival continúa co seguinte programa:

. Venres 5: Cuarteto Avalon
. Sábado 6: Narci Rodríguez Standards Quintet
. Domingo 7: Voando libre – Balcanic night
. Luns 8: Wilson & Friends

5 de xullo de 2013 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.