Boiro acolle a mostra “Por terra, mar e aire” dos artistas Jontxu Argibay, José Gude, Loli Regueira e Óscar Lot

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal
A-
A+

29072013-13Nova exposición colectiva no Centro Sociocultural de Cabo da Cruz por parte dos artistas  Jontxu Argibay, José Gude, Loli Regueira e Óscar Lot.

As esculturas de aire marítimo de Jontxu Argibay, xunto cas formas vexetais e orgánicas de José Gude unido ás atmosferas de Loli Regueira foron o punto de partida desta mostra. Tempo despois  uniuse Óscar Lot para completar e darlle un certo misticismo polas súas obras de tinte católico.

En total 15 pezas escultóricas e outros tantos cadros e ilustracións, conforman a mostra que durante todo o mes de agosto acompañará ós veciños de Cabo da Cruz en horario de mañá de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Inauguración:

Sala de exposicións do Centro Sociocultural de Cabo de Cruz

2 de agosto ás 20:00h.

Aberto ao público en xeral

29 de xullo de 2013 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.