Axudas para Adquisición de Libros e material Escolar de Infantil en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalvaterra de Miño
A-
A+

Dende do Departamento de Servicios Sociais que dirixe a Tte Alcalde Marta Valcárcel, recórdase que o prazo de presentación de solicitudes para as Axudas para Adquisición de Libros e material Escolar de Infantil é do 12 ao 30 de agosto de 2013.

O obxecto destas axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares do noso municipio.

Todos os interesados deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación en Servicios Sociais, martes e xoves de 08.00h a 14.30h. Mais información en www.concellodesalvaterra.org ou no 986 658 082.

A documentación que deberán presentar xunto coa solicitude será a seguinte:

. DNI ou NIE dos membros da unidade familiar.

. Libro de Familia.

. Xustificantes dos ingresos económicos da unidade familiar do ano en curso.

. Recibo de aluguer ou certificación bancaria de estar pagando crédito hipotecario sobre a vivenda habitual.

. Declaración da renda ou certificado de imputación de IRPF, no caso de estar obrigado a presentala.

. No caso de separación ou divorcio, sentenza e convenio regulador.

. Certificado de minusvalía, de ser o caso.

. Calquera outro documento que se considere necesario.

19 de xullo de 2013 | 12:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.