Axudas económicas para libros de texto
O Concello de Nigrán convoca axudas destinadas á adquisición de libros de texto para alumnos de educación infantil matriculados nalgún dos colexios públicos do municipio. As axudas poderán ser solicitadas polas familias dos nenos que reúnan os seguintes requisitos: estar empadroados en Nigrán, estar ao corrente do pago das taxas e impostos municipais e non superar o límite de recursos establecido.
Para acceder á devandita axuda, as persoas interesadas deberán presentar as fotocopias do libro de familia completo, o DNI dos pais, xustificante de ingresos de toda a unidade familiar, nóminas, certificados de empresa, certificados de pensións, certificados do INEM e vida laboral, no caso de maiores de 16 anos.
O prazo para presentar as solicitudes, con cita previa en Departamento de Servizos Sociais, no teléfono 986 36 50 00, extensión 4, é entre o 8 e o 18 de xullo.











