Atropelo en Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

Sobre as 12.00 horas de hoxe a Policía Local recibe aviso do 112 sobre un atropelo con feridos na rúa de Pumar Méndez. Persoáronse varias patrullas da Policía Local e dúas ambulancias, unha delas medicalizada. Ao parecer, un cuadriciclo (turismo que pode ser conducido sen carné B), no que ían dous ocupantes e que circulaba en dirección a Carral dende o centro do municipio, invadiu a beirarrúa e arrastrou dúas persoas que accedía a un local hostaleiro antes de rematar encaixado contra as cadeiras e mesas da terraza do mesmo bar. Os atropelados, un varón duns 78 anos de idade, con feridas de carácter grave, e outro de mediana idade, con feridas leves, foron trasladados ao Hospital Universitario.

Así mesmo, compareceron no lugar do suceso varios profesionais sanitarios do Centro de Saúde de Cambre.

Tras o sinistro, a Policía Local realizou ao condutor unha análise de alcoholemia que deu negativo. E posteriormente este mesmo conductor tivo que ser atendido por un desmaio provocado por un ataque de ansiedade. Segundo os axentes, o condutor alegou que o vehículo sufriu un fallo mecánico no sistema de freos.

9 de xullo de 2013 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.