As sesións de Tai Chi en Ourense trasládase desde o luns ao Pavillón dos Remedios pola tarde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalOurense
A-
A+

A 29ª edición dos cursos gratuítos de Tai Chi que organiza o Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes celebrou esta mañá a última das sesións no Xardín do Posío. A partir do próximo luns día 15 (co cambio da quincena), a pista exterior do Pavillón dos Remedios acollerá a actividade, impartida polo mestre José Gago, que conta con máis de 30 anos de experiencia no ensino.

Así, entre as 20 e as 21 h, todo aquel que o desexe pode asistir ás clases desta arte marcial altamente saudable, de forma gratuíta e sen necesidade de inscrición previa.

O Tai Chi é unha antiga arte marcial que busca unha perfecta harmonía corpo-mente. Os seus movementos realízanse lentos para que a mente poida dirixilos, e así coidar de que cada parte do corpo estea relaxada e manteña unha correcta postura corporal en cada movemento.

Deste xeito, o Tai Chi corrixe os malos hábitos nas posturas e os bloqueos enerxéticos, conectando a mente co corpo e desconectándose das actividades diarias, aportando múltiples beneficios. Un dos seus obxectivos fundamentais é o fortalecemento das pernas, base do noso corpo, e a relaxación do tronco, buscando sempre manter unha estrutura corporal perfecta mentres nos movemos.

Os exercicios son moi versátiles e adaptan a súa intensidade á idade ou condición física das persoas, e pódense practicar a calqueira idade, pois é un exercicio lento e suave.

12 de xullo de 2013 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.