As rúas de Monforte acollerán un circuíto teatral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMonforte de Lemos
A-
A+

03072013-1A partir das 20:30 horas deste venres día 5 de xullo as rúas de Monforte servirán de escenario para a actuación de doce grupos teatrais da provincia de Lugo, nunha iniciativa da Área de Cultura e Turismo da Vicepresidencia Primeira da Deputación en colaboración co Concello de Monforte.

Dentro do proxecto teatral Buxiganga, patrocinado polo organismo provincial, doce grupos de teatro afeccionado encargaranse da presentación dos Circuítos Teatrais polas rúas de Monforte.

Os grupos de teatro Alentía e Metátase (Palas de Rei), Biblioteca Municipal e Mequetrefes (Antas de Ulla), Falcatrueiros (Monterroso), Faro Miño (Chantada), Teatro Monart (Pobra do Brollón), Pinchacarneiro (Lugo), Rebuldeira (Sarria), Zampalladas (Pastoriza), e os monfortinos Auxilia e Aula de Teatro Municipal, representarán obras breves na praza de España, na rúa Comercio (Centro do Viño) e no Cardeal.

As representacións realizaranse nas propias rúas e prazas e nos balcóns do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e da Fundación Centro de Maiores Nova Caixa Galicia, a quen o Concello agradece a súa colaboración

Trátase dunha nova experiencia, alentada dende Buxiganga, que pretende achegar o teatro á cidadanía e fomentar esta actividade cultural en varias localidades da provincia, dándolle colorido ás rúas e dotándoas dun atractivo diferente.

3 de xullo de 2013 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.