publicidade hoxe

As Pontes inicia a recollida de sinaturas para garantir a continuidade da central térmica de Endesa no municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal
A-
A+

O Concello de As Pontes promoverá entre a veciñanza unha recollida de sinaturas para esixir ó Ministerio de Industria que garanta a continuidade da central térmica que Endesa ten na localidade, e que conceda unha moratoria nos prazos de decisión por parte das empresas para as inversións que deben acometer para adaptarse a nova normativa de emisións industriais 2.010/75/UE.

Para a posta en marcha desta iniciativa recabou o apoio das asociacións de empresarios, comerciantes. transportistas, o Comité de Empresa de Endesa, e todas as asociacións veciñais.

Onte celebrouse unha reunión na que a concelleira de Industria, Montserrat García, expuxo ós representantes das asociacións veciñais que a DEI obriga Endesa a decidir e comunicar antes do 31 de decembro deste ano, se readapta a instalación térmica á nova directiva europea sobre emisións contaminantes, que obrigará a reducir aínda  máis a xeración de dióxido de xofre á atmósfera a partir do 2016, ou se pola contra se acolle ás 17500 horas de funcionamento, o que suporía o peche e desmantelamento definitivo da térmica pontesa non ano 2020.

 García puxo de manifesto nesta reunión que Non nos opoñemos a que se cumpran as directrices da Comunidade europea, o que si esiximos é que se dea un prazo razoable para tomar a decisión. No actual contexto económico é un risco moi grande para o emprego esixir este posicionamento a unha empresa que ven de facer unha adaptación hai menos de cinco anos que supuxo xa unha inversión duns 200 millóns de euros para o mesmo fin. Non é o mesmo ter que adoptar esta decisión neste momento de caída do consumo enerxético e de crisis no sector, que pode facer que as empresas sexan conservadoras na súa polítca de inversións e decidan trasladalas fora das nosas fronteiras”.

As novas medidas anunciadas o venres polo goberno estatal para rematar co déficit de tarifa, cun novo sacrificio que se esixe ás empresas eléctricas, unido á insuficiente contía das aportacións que se realizarán con cargo ós orzamentos xerais do Estado, ven traer máis incertidume a un sector que non atravesa polo mellor intre.

Tamén o concello pontés se puña en contacto co resto de municipios do Estado que contan con térmicas para que fagan a mesma recollida de firmas,para finalmente facelas chegar o Ministerio de Industria, José Manuel Soria, conxuntamente.

 Logo das negativas repercusións que ten suposto, para as empresas eléctricas a obriga de financiar o déficit de tarifa, e que recentemente, o incremento da presión fiscal fixera que revisarán á baixa o seu plan de inversións en España, no concello de As Pontes medra a preocupación, e volve a liderar as actuacións  de todos os Concellos que contan con instalacións de xeración térmica de enerxía, tal como fixo xa anteriormente coa convocatoria aos alcaldes de municipios de todo o Estado con centráis térmicas.

No caso concreto de As Pontes, a edil de Industria facía especial fincapé en que con tan poucos anos de marxen se establezan novos parámetros de emisións cunhas diferencias mínimas, e reclamaba que debe pesar a súa eficiencia , sen qucontinúe a insistir en gravar a producción no canto dos beneficios.

16 de xullo de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.