publicidade hoxe

As obras no complexo Área Recreativa e Muíños en Rubindo, Budiño, xa finalizaron

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+

As obras subvencionadas a través dos fondos AGADER 207-2013 xa están executadas e xustificadas na área recreativa de Rubindo e nos muíños do Cubo e da Tol. Esta área é de vital importancia, xa que é atravesada pola Senda dos Humidais. A importancia da Senda ben dada a través da declaración como Lugar de Interese Comunitario por REDE NATURA 2000, así como tamén é unha Zona de Especial Protección por Valores Naturais, a través da Lei de Conservación da Natureza.

Os proxectos executados na área desglósanse en dúias zonas de actuación:

A área recreativa de Rubindo onde se realizou unha laboura de recuperación do Regueiro, que estaba entubado, abrindo a súa canle e construíndo muros de contención. A realización dunha pasarela de madeira que permite a conexión coa área restaurada dos Muíños do Cubo e da Tol, así como recuperar o paso para os muíños. O Proxecto que leva por nome “Acondicionamento da Antiga área recreativa de Rubindo” está valorado en 47.197,30 € sendo a contía subvencionada de 33.947,30€ aportando o concello 13.249,91 €.

Por outro lado a restauración de dous dos catro muíños que forman parte do complexo etnográfico da Senda dos Humidais, nesta obra se realizaron obras de restauración da canle do muíño, adecuación e paso na comunicación dos mesmos, rehabilitación dascanles de auga. O
proxecto que leva por nome “Restauración, conservación en valor de elementos de patrimonio Municipal: Muíño do Cubo e da Tol” ten un custe de 43.646,54€ do que AGADER subvencionou 29.412,66€ aportando o concello os 14.233,88 € restantes.

Fortunato Alvarez, concelleiro de Vías e Obras, incide “as obras se executaron da mellor maneira posible e nos prazos de execución previstos. Estamos a traballar na recuperación de espazos de gran relevancia etnográfica e natural, como é a área de Rubindo e os muíños, que presenta un lugar de elevado valor turístico e de lecer ao ser moi frecuentado por visitantes que realizan a Senda dos Humidais”.

Marcos Besada, Alcalde do Concello de Salceda, asegura “que o Goberno Municipal está a facer todo o posible para levar a cabo a tarefa de recuperación do Patrimonio Histórico e Bens de interese Patrimonial e Cultural do noso concello. Sobre todo, nun espazo tan importante
como é o integrante da Senda dos Humidais que forman parte dos entornos de especial actuación e de conservación declaradas como Lugar de IntereseComunitario e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais”

4 de xullo de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.