As mulleres de Dodro participaron na fin de semana “Si, TODO para ti” en Pontedeume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+
Mulleres participantes

Mulleres participantes

As mulleres de Dodro regresaron á última hora da tarde de onte a Dodro despois do obxectivo cumplido: Pasar unha fin de semana deferente e divertida.

Na fin de semana  “Si, TODO para ti” en Pontedeume, as 50 mulleres de Dodro o sabado  foron recibidas nada máis chegar polo alcalde e o equipo de goberno ás que entregaron uns agasallos  e explicaron o Plan de Igualdade vixente nese concello, asií como as medidas que toman como prevención da violencia de xénero. Despois do xantar visionaron o documental “Mama tu duerme que yo vigilo”, que impresionou e emocionou a máis de unha, para continuar cunha mesa debate cun periodista, abogada e psicóloga.

Despois dalgun tempo libre, que aproveitaron para visitar o lugar, o mercado, etc e despois da cea, tiveron unha velada chea de risas e diversion con cambios de imaxe e ata un espectaculo de máxia. Xa o domingo e xa que o bo tempo acompañou poideron pasar unhas horas nas fermosas praias da zona e antes do xantar asistiron a unha cata de viños.

Regresaron a Dodro ao redor das 8 da tarde con ganas de repetir a experiencia.

Esta actividade organizase por segundo ano consecutivo cunha gran aceptación dende a concellería de servizos sociais e igualdade que dirixe Marisol Boga.

1 de xullo de 2013 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.