As motos cobrarán protagonismo no Carballiño esta próxima fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalO Carballiño
A-
A+

22072013-22Motoclub Carballiño organiza este próximo fin de semana, o día 27 de xullo, a I Concentración Urbana de Motos do Carballiño, cun amplo programa que se desenvolverá no centro da vila do Arenteiro. Ás 13:00 horas contaranse as rúas do centro, en concreto Aldara e Faustino Santalices, onde se instalarán todas as motos participantes (a organización calcula máis de medio millar), e a maioría das atraccións e actividades desta xornada moteira. Unha hora despois ofrecerase unha pulpada aos participantes, na mesma zona.

Xa pola tarde, dende as 16:00 horas, programa en directo da emisora Loca FM Radio, con djs en director, e ao mesmo tempo exposición de Vespas na Praza Maior. Dende as 17:00 horas comezarán as actividades como o touro mecánico, o jacuzzi, a actuación das Chicas Redbull, e moitas máis. Os que queiran realizar unha ruta poderán facelo dende as 18:00, dende O Carballiño ata San Amaro, onde se lles ofrecerá uns pinchos, para seguir ata Ribadavia e volta ao Carballiño, para seguir a festa.

Ás 00:00 horas está prevista a actuación de Dixie Boys, e o sorteo de numerosos premios entre os participantes. Poderán inscribirse todos os moteiros que o desexen, sen importar marca, modelo ou cilindrada.

Esta concentración urbana conta co apoio da área de Deportes do concello do Carballiño.

22 de xullo de 2013 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.