publicidade hoxe

As IX xornadas de cultura mariñeira “Muros mira ao mar” contan coa colaboración do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMuxía
A-
A+

 

Logo de que técnicos do Concello de Muros se puxeran en contacto co Concello de Muxía, a través do Proxecto Buserana , mostrandose interesados polo traballo feito dende este proxecto como promoción da cultura mariñeira, especialmente o secado do congro, estableceuse unha colaboración para que o Concello de Muxía mostrara o proceso de secado do congro nas xornadas de cultura mariñeira de Muros.

 

Así, mañán, ás 7 da tarde, na fábrica de Sel de Muros, Xan Fernández Carrera e Antonio Paz Pardiñas expricarán o proceso de secado do congro, xunto con Socorro Leal,- de Muros- que falará do afumado.

 

Ademais o Concello de Muxía tamén colaborou nas xestións para a proxección do documental de Ricardo LLovo Secando ao vento, e coa mostra de fotografías sobre o secado do congro, onde tamén se poderá ver a escultura Secadoiro de congro, de Viki Rivadulla e Rolando Barrientos.

 

Como parte desta colaboración entre ambos concellos, no Mercado das Rutas do mar de Muxía, en agosto,  poderemos ver unha recreación do afumado da sardiña, que aportará o Concello de Muros.

 

5 de xullo de 2013 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.