As gangas chegan a Allariz na terceira edición da feira de segunda man

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizCalendarioLocal
A-
A+

31072013-4A vindeira fin de semana vaise celebrar en Allariz a terceira edición da feira de venda de roupa e de todo tipo de obxectos de segunda man.No GANGAS ALLARIZ, aberto o sábado 3 e o domingo 4 de agosto na Praza de Abastos alaricana, atoparanse desde roupa e complementos ata calzado, discos e dvds, libros, decoración e mesmo mobles.

A proposta, na que o Concello colabora cedendoo recinto de celebración, naceu hai un anopor iniciativa dun grupo de persoas da vila preocupadas pola necesidade de intercambiar e compartir o que xa non usamos, propiciando a cultura da reciclaxe e da reutilización, unha tendencia crecente en toda Europa.

Agárdase unha moi boa asistencia de público dado o éxito das dúas anteriores edicións celebradas no verán e primavera pasadas. A oferta medra tamén e desta volta instalaranse postos de vendano exterior da Praza de Abastos. A música e un posto de comida e bebida completan unha proposta festiva que xustifica a visita ao que xa é un evento consolidado en Allariz.

31 de xullo de 2013 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.