As Festas de verán de Pontevedra arrancan con doce concertos das bandas de música locais
O Concello de Pontevedra quere darlle a benvida ao verán coa mellor das músicas locais: as das bandas, que serán o punto de arranque das festas de verán. Dende mañá até a Feira Franca, as rúas de Pontevedra volverán vibrar cunha programación chea de música, emoción, fantasía, baile, espectáculo…, coa que o Concello quere sacar un sorriso e dar bos momentos a toda a cidadanía, a pesar da situación do país.
Mañá mesmo arranca a programación de música de banda que se sucederá ininterrompidamente durante os meses de xullo e agosto, cunha
programación completa, diversa, e de balde.
A programación é a que sigue:
• Sábado, 6 de xullo: 20.30 VIII Ciclo de Banda de Música de Salcedo. Concerto da Banda de Música de Salcedo e Banda de Música de Sanxenxo. Praza do Teucro
• Domingo, 7 de xullo: 20.30 VIII Ciclo de Banda de Música de Salcedo. Coral Polifónica de Salcedo e Coral Liceo de Noia. Teatro Principal
• Domingo, 14 de xullo: 21.00 Concerto Banda de Música de Pontevedra. Música para bailar. Monográfico de Naohiro Iwai. Praza do
Teucro.
• Sábado,20 de xullo: 20.30 VIII Ciclo de Banda de Música de Salcedo. Concerto da Banda Xuvenil de Salcedo e Banda Xuvenil da Artística de
Merza. Praza do Teucro
• Martes, 23 de xullo: 21.00 VIII Ciclo de Bandas Banda de Música de Salcedo. Concerto Luso-Galaico. María do Ceo & Banda de Música de
Salcedo. Praza da Ferraría
• Venres, 26 de xullo: 21.00 Banda Cultural Salceda de Caselas. Praza do Teucro
• Venres 9 de agosto: 21.00 Campás de festa. Banda de Música de Pontevedra. Praza da Peregrina
• Luns 12 de agosto: 21.00 Concerto man a man. Banda de Música de Pontevedra e Banda de Música de Salcedo. Praza da Ferraría
• Martes 13 de agosto: 22.30 Concerto da Banda de Música de Pontevedra. Noite de Boleros. Praza da Ferraría
• Xoves 15 de agosto: 13.30 Concerto da Banda de Música de Salcedo. Avenida de Santa María
• Venres 16 de agosto: 19.00 Concerto de San Roque: Banda de Música de Pontevedra. Praza Irmáns Pazó
• Venres 23 de agosto: 21.00 Concerto de San Bartolomeu. Concerto da Banda de Música de Pontevedra. Praza de José Martí.











