Artesanía de Galicia súmase á promoción da Festa do Polbo do Carballiño

Presentación das pezas artesanas co novo logotipo
O alcalde do Carballiño e a edil de Turismo presentaron as primeiras pezas que se realizaron co novo logotipo e marca rexistrada de Festa do Polbo e Octavio, que foron realizadas a través da Fundación Centro Galego dá Artesanía e do Deseño, os cales confeccionaron unha colección de pezas de Artesanía de Galicia nos que colaboraron artesáns da madeira, a cerámica, a prata e outros metais.
Marnotes agradecía a lagerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, a aposta que fixeran coa marca Festa do Polbo, así como polos excelentes produtos que presentaban nese acto, dende chaveiros de madeira e prata, pasando por pins, alfinetes de gravata e uns estoxos coa cunca de viño, o prato de polbo e o palillero “que van ser perfectos para que os que nos visiten poidan levarse un recordo da nosa vila, da nosa festa, dunha gran calidade,”.
Pola súa banda Helena Fabeiro aseguraba que “Son pezas exclusivas, creadas para dar unha maior promoción á “Festa do Polbo” do Carballiño e que serven tamén de divulgación do traballo artesán feito en Galicia. Trátase dunha colección de máis de dez produtos de diferentes materiais e acabados creados a partir da súa mascota ” O polbo Octavio”. Campañas como a que hoxe se presenta, destacan o carácter práctico, útil, decorativo e orixinal, así como a exclusividade, do produto artesanal galego.
Na presentación tamén estivo o presidente do Centro Comercial Aberto der O Carballiño, Julián Garriga, quen se mostrou moi interesado nestas pezas e na súa distribución a través do comercio local.











