Arranxo do acceso ao Outeiro Baixo en Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPorto do Son
A-
A+

 O Plan DTC da Deputación supuxo para o Concello de Porto do Son 187.749,51€ en inversión, unha inversión que esta a piques de estar culminada co arranxo do acceso ao Outeiro Baixo do casco urbano. 

Ata o de agora foron múltiples as pequenas intervencións que se levaron a cabo ao longo de todo o municipio. Dende o arranxo de pistas nas distintas parroquias, coma a do Carrapatal ou a do Centro de Saúde en Xuño, a que une o núcleo de Mantoño con Beneso ou a de Corzo en Caamaño tan demandada polos nosos maiores para acudir a igrexa. 

Ademáis de levarse a cabo demandas evidentes como o arranxo das beirarrúas polas que os nenos acuden ao colexio Santa Irene ou a ampliación do acceso ao Outeiro Alto, unha ampliación que a día de hoxe fai accesible ás vivendas unha posible ambulancia ou un camión de bombeiros.

18 de xullo de 2013 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.