Arranca a montaxe do escenario do Festival de Ortigueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+
Montaxe da estrutura

Montaxe da estrutura

A menos dunha semana para o inicio da cita folk, ultímanse os preparativos do 29 Festival Ortigueira, que terá lugar entre o 11 e o 14 de xullo. A primeira hora desta mañá arrancaba a montaxe do Escenario Estrela Galicia en plena Alameda, auténtico epicentro do certame de música celta. As previsións da organización é que estea a infraestrutura, na que se desenvolverán os 16 directos gratuítos deste ano, quede completamente listo durante o fin de semana. En paralelo, iniciábase a montaxe do feiral de artesanía no ámbito dos Xardíns do Dique.

5 de xullo de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.