Ares define a loita polo masters galego
O campionato Galego de Tenis Praia tivo o seu epicentro este fin de semana na praia de Redes no seu camiño cara á final autonómica do próximo mes de agosto.
En categoría feminina, a vitoria foi para as ferrolanas Silvia Arroyo e Elena Pérez, que marcaron un claro 5-3 e 4-0 ante Leticia Feijido e Diana Vilasánchez.
A categoría mixta foi para Irma Otero e Fernando Aldao, que se impuxeron na final a Diana Vilasánchez e José Ignacio Balado por 5-4 e 4-2. En terceira posición do podio colocáronse Majú Besada e Miguel Lapido.
En homes, Iván Sánchez e Martín Varela foron capaces de impoñerse a José Ignacio Balado e Juan Francisco Montero por 6-1 e 7-6. O terceiro posto foi para Iago Álvarez e Fernando Aldao.
O campionato Galego de Tenis Praia terá a súa próxima parada na viguesa praia de Samil o próximo fin de semana. As inscricións están abertas a través da web www.verandeportivo.com











