Aprobados os primeiros convenios coas entidades sociais para o pago das subvencións nominativas de Traballo e Benestar
A Concellería de Traballo e Benestar vén de iniciar o proceso para o reparto das subvencións aos colectivos sociais do municipio incluídas nos orzamentos de 2013 con carácter nominativo. O trámite iniciouse coa aprobación das propostas de convenio a firmar con catro entidades entre as que se repartirán 33.500 euros. Nos vindeiros días completarase o listado relativo ao presente exercizo.
As propostas aprobadas refírense ás axudas que recibirán Cruz Vermella, BATA, Amigos de Galicia e Cáritas. O seguinte paso será a firma dos convenios, tras o cal se abrirá un prazo para que as entidades presenten a documentación xustificativa das subvencións e a continuación realizarase o pago das mesmas.
A axuda de maior suma das probadas pola Xunta de Goberno Local na reunión do pasado venres é á concedida á Cáritas Interparroquial de Arousa para financiar o mantemento do comedor social e que ascende a 25.000 euros. Tamén se aprobaron as subvencións acordadas coa Asemblea Comarcal de Cruz Vermella (4.000 euros) e a Fundación Amigos de Galicia (1.500 euros). O concepto das axudas estas dúas entidades é o financiamento dos gastos do proxecto de coordinación promovido polo Concello. A última das subvencións aprobadas nesta primeira quenda foi a da Asociación de Tratamento do Autismo BATA, por importe de 3.000 euros para a realización das súas actividades.
En total son 16 as entidades sociais sen ánimo de lucro que recibirán as subvencións con carácter nominativo reflectidas nos orzamentos deste ano nunha. Nas seguintes semanas aprobaranse as propostas de convenios das restantes entidades para poder proceder canto antes ao reparto das axudas relativas ao ano en curso.











