Aprázase o I Cuadriatlón da Eurocidade ata o 27 de xullo
A organización do I Cuadriatlón Eurocidade decidiu onte aprazar a proba deportiva marcada para o día 13 de xullo debido ás previsións da Axencia Estatal de Metereoloxía e da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiza, que establecen para os próximos días alerta laranxa pola continuidade da ola de calor de orixe norteafricana que deixará elevadas temperaturas na nosa rexión.
Por isto, a proba deportiva queda aprazada para o día 27 de xullo, agradecendo así a comprensión dos inscritos polo cambio de data, que por medidas de seguridade verbo dos participantes foi necesario realizar.











