Apertura do prazo de inscrición para a charla formativa sobre instalación e administración de redes
O ciclo de seminar5ios formativos sobre as novas tecnoloxías da información e comunicación proseguen no mes de xullo no centro de Formación Permanente de Matosinhos, onde o mércores, 7 de agosto, celebrarase unha charla formativa sobre a instalación e administración de redes e sistemas. A actividade organízase a través da colaboración entre a Área de Formación e Emprego da Concellería de Traballo e Benestar e o CEMIT. A asistencia é de balde e o prazo de inscrición xa está aberto.
O profesional en xestión educativa do CEMIT, Miguel Perdigón Huerta, será o encargado de impartir a sesión formativa que se celebrará por videoconferencia o mércores 7 de agosto en horario de 12 a 14 horas, no Centro de Matosinhos. No transcurso da charla abordaranse aspectos como o cableado e as redes inarámicas, a parte do acceso, os troncais L2, as redes e subredes e a segmentación con troncais L3. Outros ítems a tratar serán o enrutamento dinámico RIP, as copias de seguridade TFTP, os sistemas de resolución de nomes DNS e o sistema de Asignación Automática de Configuración IP, DHCP. Por último, falarase dos servizos web propietarios versus os externalizados, do directorio activo e das conexións con internet, xDSL.
Os interesados en asistir a esta nova acción formativa poden obter máis información sobre a mesma acudindo ao Centro de Formación Permanente de Matosinhos en horario de mañá ou chamando ao teléfono 986 511621. A matrícula pódese formalizar a través da web cemit@xunta.es.











