Antes de final de ano, Lalín contará con posto principal da Garda Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal
A-
A+

O director xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, confírmalle ao alcalde de Lalín, José Crespo, en conversa telefónica mantida no día de hoxe, que antes de que finalice o ano Lalín contará cun posto principal da Garda Civil. Crespo indica que De Mesa o informou de que “se están ultimando os detalles para poder facelo efectivo”.

“Loxicamente o director da Garda Civil entende a miña preocupación acerca deste tema e como alcalde agradézolle a súa predisposición para con este asunto e confío plenamente no seu compromiso”, remarca.

O primeiro edil lalinense explica que “se agora mesmo se dotou a Verín dun posto principal se debe a unha cuestión de estratexia internacional pola colaboración que se prestan a Garda Nacional Republicana (GNR) portuguesa e a Garda Civil de Lalín polo posto fronteirizo que ocupa”. “En todo caso -afirma Crespo tras a conversa de hoxe con De Mesa- non vai mermar as nosas posibilidades de cara á consecución do posto principal para Lalín”, precisa.

“Quero agradecer a Arsenio Fernández de Mesa que unha vez máis se mostrou moi atento cos temas de Lalín e tamén ademais polo feito de terme contestado o mesmo día en que o chamei”, sinala.

13 de xullo de 2013 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.