Amplíase ata 31 de xullo o prazo para participar no concurso de pinchos “Mellor… con pan de Neda”
A concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, anunciou esta mañá a ampliación do prazo de presentación de solicitudes para participar no Concurso e Ruta de Pinchos “Mellor… con pan de Neda”. Unha medida coa que pretende dar resposta ás solicitudes cursadas xa fóra de plazo por algúns negocios hosteleiros da vila e dar a oportunidade a aqueles que desexen sumarse á iniciativa. A todos eles fixo un chamamento á participación. A actividade, que se celebra por segundo ano consecutivo, desenvolveráse entre o 15 e o 25 de agosto e forma parte do programa de actividades previas á XXV Festa do Pan de Neda, declarada de Interese Turístico de Galicia. Con ela, o Concello busca promocionar e promover conxuntamente a industria panadeira e a hostelería da real vila.
Así, ata a data, son oito os locais hosteleiros inscritos. E, aqueles que desexen adherirse neste novo prazo, poden facelo ata o 31 de xullo na Casa do Concello ou no correo electrónico alcaldia@neda.es. Segundo se recolle nas bases, o pincho debe ser unha creación culinaria coidada na que necesariamente un dos compoñentes debe ser o pan de Neda. Así mesmo, o xurado será popular. É dicir, serán os propios clientes os que elixan os mellores pinchos. Para isto, editaranse unhas tarxetas nas que aparecerán casillas para cada un dos locais participantes. Así, aqueles que desexen formar parte do xurado deberán depositar a súa tarxeta selada en cada un dos negocios, asegurando deste xeito que degustou todos os pinchos e sinalando no documento a súa elección. Este ano, os locais poderán elixir o horario no que vaian a participar, comunicándoo previamente á organización para que se especifique nas cartillas, facilitando así aos clientes toda a información necesaria.
A entrega de premios celebraráse no transcurso da Festa do Pan, o día 1 de setembro. Haberá dous galardóns: ao Pincho máis saboroso e ao máis orixinal. Recibirán diplomas acreditativos e trofeos. Ademáis, e como novidade este ano, todas as cartillas seladas entrarán a formar parte dun sorteo co seu conseguinte premio.











