Ames continúa co proceso de regularización dos servizos de limpeza dos centros educativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal
A-
A+

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames vén de aprobar o inicio do proceso de contratación do servizo de limpeza das escolas infantís do municipio. Esta actuación supón un paso máis no proceso iniciado polo Concello de Ames para regularizar e agrupar os servizos de limpeza dos diferentes centros educativos. De feito, o mes pasado sacábase a licitación o correspondente aos centros de educación infantil e primaria e ás escolas unitarias, mentres que agora correspóndelle ás escolas infantís.

O proceso de contratación corresponde ao servizo de limpeza das escolas de O Bosque (Bertamiráns), A Madalena e da Galiña Azul, estas dúas últimas situadas no Milladoiro. O orzamento base para esta contratación é de máis de 209.586 euros e a súa duración inicial será de dous anos, prorrogables por dous máis.

Este procedemento de contratación e o seu correspondente prego será publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) e no perfil do contratante da web municipal. As ofertas poderán presentarse dentro do prazo de quince días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no BOP.

Este proceso vén a sumarse ao xa iniciado o pasado mes de xuño para regularizar e agrupar a prestación dos servizos de limpeza dos centros de educación infantil e primaria e escolas unitarias do Concello de Ames (CEIP A Maía, CEIP Barouta, CEIP Agro do Muíño, CEP de Ventín, EEI Milladoiro e escolas unitarias de Agrón, Covas, Ortoño e Bugallido). Esta era a primeira vez que se licitaba en conxunto o servizo de limpeza destes centros, mentres que o das escolas infantís faise agora a través doutro proceso.

5 de xullo de 2013 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.