Allariz festexa o San Bieito durante a fin de semana
O Concello de Allariz celebrará as festas na honra a San Bieito do 12 ao 14 de xullo.
Programa:
Venres 12
Concerto a cargo do Coro Vellos Amigos de Manuel de Dios de Ourense, na Igrexa de San Bieito, ás 20.30 h.
Concerto a cargo dos grupos da Casa da Mocidade, no Campo dos Brancos, ás 22.00 h.
Sábado 13
Disparo de bombas anunciando a festa, ás 12.00 h.
Desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados do Grupo de Gaitas de Allariz, dende a Casa da Cultura, ás 12.00 h.
Pasarrúas coa Batucada da Casa da Mocidade, dende a Praza Maior, ás 20.00 h.
Baile coa Orquestra Impacto, da Coruña, no Campo da Barreira, ás 21.30 h.
Verbena coa Orquestra Impacto, da Coruña, no Campo da Barreira, ás 00.00 h.
Actos relixiosos
Do 5 ao 13: Novena de San Bieito ás 19.30 h. Misa ás 20.00 h.
Xoves 11: Misas dende as 8.00 h., cada 45 min. Ás 12.00 h. Misa Solemne.
Domingo 14: Misas dende as 8.00 horas, cada 45 min. Ás 11.30 h. procesión e Misa Solemne ao remate.
Domingo 14
Disparo de Bombas anunciando o día grande da festa ás 10.00 h.
Pasarrúas a cargo da Agrupación Musical de Goián, Pontevedra, ás 10.00 h.
Procesión Solemne do Patrón da Vila, acompañada dos Xigantes e Cabezudos, Escola Municipal de Danzas e Gaitas de Allariz e Agrupación Musical de Goián. Ao remate terá lugar a Misa Solemne ás 11.30 h.
Concerto da Agrupación Musical de Goián, Pontevedra, na Alameda ás 13.30 h.
Teatro Sarabela porá en escea a obra A voar!, na Casa da Cultura ás 19.30 h.
Concerto da Agrupación Musical de Goián, Pontevedra, na Alameda ás 20.00 h.
Baile amenizado pola Orquestra Nevada, de Ourense, na Barreira ás 21.00 h.
Espectáculo de Pirotécnica a cargo de Josman no Campo de Vilanova ás 00.30 h.











