publicidade hoxe

Actos no Concello de Miño na honra á Virxe do Carmen

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMiño
A-
A+

A confraría de pescadores de Miño organiza, en colaboración co Concello de Miño, os actos do 16 de xullo con motivo da celebración do día da Virxe do Carmen.

O programa de actos estará formado pola saída da Virxe da Igrexa parroquial de Santa María de Miño en procesión ata o porto de Miño, onde terá lugar unha misa solemne.

A imaxe da Virxe do Carmen estará escoltada pola comitiva formada pola Patroa Maior da Confraría, María José Crespo Fraga, o alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín e membros da corporación municipal, membros da confraría, representantes dos voluntarios da Agrupación de Miño de Protección Civil e a Policía Local. Todos eles estarán acompañados pola banda de música “Asociación cultural e xuvenil Amigos polo Tambor” e polos centos de veciños que sempre acompañan á Virxe do Carmen.

A tradicional procesión sairá da Igrexa de Santa María de Miño ás 20,00 horas, tomando a estrada da praia ata chegar á rúa do Porto para alcanzar a explanada do porto de Miño. Unha vez alí, celebrarase unha misa solemne, e ao finalizar a misa acompañásese de novo en procesión á Virxe de volta á Igrexa.

A celebración finalizará cun viño español ofrecido pola confraría de pescadores na Casa do Pescador.

A Confraría de pescadores organizou os actos en colaboración co Concello en virtude dun convenio que asinou os representantes de ambos os dous organismos.

15 de xullo de 2013 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.