Actividades en Cervo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal
A-
A+

-Este venres día 26 coñecerase o fallo do I Concurso de Cómic do Concello de Cervo no que poden participar mozos e mozas de entre 12 e 30 anos.

-Aínda está aberta a inscrición para participar nas actividades do Plan de Redución do Abandono Escolar nas que se inclúe a preparación de exames e a adquisición de técnicas de estudo para alumnos de 3º e 4º da ESO e PCPI; os obradoiros de restauración e tuneado de móbiles, customizados de roupa e complementos, agricultura ecolóxica e sostible, e comercio electrónico e tradicional; e os puntos de información e orientación para familias.

-Esta noite, sobre as 00.00 horas, entréganse as medallas dos gañadores do torneo de Volei Praia que se desenvolveu os días 22 e 23 na Praia do Torno e que se inclúen nas Noites Alternativas.

-Mañá mércores 24 celebrarase a Noite do Patín, na que as persoas que se acheguen á Praza dos Campos entre as 22:00 e as 00:30 horas poderán utilizar varios tipos de patíns.

-O 3 de agosto remata o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de material escolar e libros para o alumnado de segundo ciclo de educación infantil.

23 de xullo de 2013 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.