Actividades culturais no Concello de Ortigueira para a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOrtigueira
A-
A+

Venres 5 de xullo, a partir das 20:00 h. Inauguración na Casa Consistorial de Ortigueira da exposición de Pintura de Gel Barcón e Álvaro Fernández Polo. Poderá visitarse ata o 8 de agosto en horario de mañá e tarde (luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, fins de semana coincidindo coa programación do Teatro de Beneficencia).

Sábado 6 de xullo, a partir das 20:30 h. Encontro de corais organizado pola Coral Polifónica de Ortigueira. Actuarán no Teatro de Beneficencia a Coral A Traíña, Coral Polifónica de Ortigueira, Mariví Maragoto, Agustín Pía e Pablo M. Insua. Entrada libre.

Domingo 7 de xullo, no Claustro da Casa Consistorial. “I Torneo de Xadrez de Ortigueira” organizado pola Escola de Xadrez da Sociedade Novo Club.

4 de xullo de 2013 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.