Ábrese o prazo para participar na excursión ás Illas Ons

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A Concellaría de Centros Socioculturais abre a partir de hoxe 4 de xullo o prazo para participar na próxima viaxe dentro do programa Imos de excursión. A partir das 17 horas ábrese o prazo para a inscripción de todos aqueles interesados en participar na vindeira viaxe organizada no marco do programa Imos de excursión.

Nesta ocasión a saída leva por título “Galicia Natural” e tratará de achegar aos participantes ás Illas Ons. A saída será dende Portonovo en barco cara as illas e alí poderase desfrutar dunha ruta de sendeirismo opcional e xantar de picnic.

O prezo da excursión é de 26 € e inclúe autobús, barco, guía e seguro. Información e inscrición nos centros socioculturais.

4 de xullo de 2013 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.