publicidade hoxe

Aberto en Pontecesures o prazo para inscribirse nas actividades do programa Lecer e Consumo da Escola Galega de Consumo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontecesures
A-
A+

O Concello de Pontecesures organiza dúas actividades dentro do programa Lecer e Consumo que O Instituto Galego de Consumo, a través da Escola Galega de Consumo, o día 8 de agosto para nenos de entre 3 e 16 anos.

Estás actividades están orientadas a achegar a poboación os valores do consumo responsable a través de actividades participativas e lúdicas que este ano xiran entorno os xoguetes populares.

A acción está programada en 2 talleres:

O primeiro, as 10:30, está destinado a nenos de 3 a 9 anos e que se denomina: CRITERIOS PARA A ESCOLLA DE XOGUETES: XOGAMOS EN IGUALDADE, na que se realizarán xogos populares e lectura de contos, e que ten como obxectivo dar a coñecer alternativas de ocio que respondan os intereses reais individuais e non ás socialmente aceptadas como disfrute comercial.

A segunda, as 12:00, orientada a nenos de 9 a 16 anos será a XINCANA DE LECER E PUBLICIDADE, cuxo obxectivo é observar diferentes actividades de lecer relacionándose de forma lúdica co resto do grupo e valorando distintas posibilidades.

Para inscribirse ou recibir máis información, os interesados poderán facelo nas oficinas municipais. O prazo para presentar as solicitudes remata o 5 de agosto, e deberán ir acompañadas da fotocopia do DNI.

18 de xullo de 2013 | 10:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.