Aberta a inscrición no curso de lingua galega que impartirá o SNL da Mancomunidade de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes convoca un curso de galego de 40 horas de duración que terá lugar dende o 9 de setembro ata o 10 de aoutubro. Concretamente impartirase de luns a xoves de 10 a 12 horas e está pensado fundamentalmente para persoas inmigrantes, extranxeiros e aqueles interesados e aprender ou mellorar a súa expresión oral e escrita en lingua galega. Dito curso está recomendado tamén para a preparación de probas para a obtención do título oficial Celga, así como para competencias clave no caso dos certificados de profesionalidade. Todos os que queiran participar deberán solicitar a súa praza ata o 30 de agosto nas oficinas da Mancomunidade, ubicadas nos baixos da Alameda da vila de Ordes.

Entre os obxetivos marcados polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL), responsable deste iniciativa formativa, están os de conseguir a plena galeguización de todos os colectivos da comarca, ademais de estimular aquelas actitudes favorables para un pleno e correcto uso do galego. O SNL está operativo dende o pasado 17 de xuño deste ano co fin de incrementar e fomentar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos.  As súas funcións están centradas en varios planos como son a dinamización e formación sociolingüística e o asesoramento lingüístico. Tamén destaca a normalización e mellora da imaxe e a calidade lingüística e comunicativa da Administración.

O SNL estará en funcionamento ata o 15 de outubro. O seu programa estará dirixido basicamente á corrección e actualización da páxina web da Mancomunidade (onde ten unha sección propia con vocabularios, dicionarios e outros recursos) e á organización e impartición do curso básico de lingua galega que terá lugar nas propias instalacións da Mancomunidade. Tamén está á disposición de todos os concellos integrantes dela para que todas as publicacións externas (folletos, dípticos informativos, bandos…) sexan revisadas pola persoa responsable deste.

16 de xullo de 2013 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.