A XXI Feira de Cans de Caza do Mesón do Vento contará con máis de 3.000 exemplares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

O próximo domingo 28 de xullo o recinto feiral de Mesón do Vento volverá a acoller unha nova edición da Feira de Cans de Caza que organiza o Concello de Ordes. Unha cita que xa conta no seu haber con XXI edicións e que cada ano incrementa o número de participantes, visitantes e animais expostos.  En total calcúlase que haberá máis de 3.000 cans adeicados á caza menor e maior expostos, así como ejemplares específicos para outro tipo de competicións como é a caza de perdiz. Un xurado formado por varios expertos escollerá ós mellores exemplares de cada raza, aos cales se lles fará entrega dun diploma acreditativo. Ademais nesta cita tamén se fará entrega de sacos de pienso para os mellores clasificados

A Feira de Cans de Caza de Mesón do Vento está catalogada pola prensa especializada como a mellor de todo o Noroeste penínsular e unha das mellores de España situándose o ano pasado nos 3.000 animais. Entre outros alicentes conta cunha degustación gratuita de caza nos establecementos hosteleiros da zona.

25 de xullo de 2013 | 15:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.