A XVII edición das Convivencias Familiares de Fademga chega ao Carballiño

Presentación das convivencias
O alcalde do Carballiño e a edil de Benestar acompañaron aos representantes de Fademga e Aspadis, á presentación da XVII edición da xuntanza de familias, que terá lugar este domingo 7 de xullo no Parque Municipal, á presentación deste evento na Deputación de Ourense, onde esperaba o máximo rexedor da entidade provincial.
Marnotes destacou a satisfacción de volver acoller unha xuntanza como a de Fademga, despois de varios anos sen vir ao Carballiño. Así mesmo sinalou e destacou a ilusión e empeño coa que estes colectivos organizan e preparan a reunión anual na vila do Arenteiro e “só por iso temos que seguir apoiando esta iniciativa”. Tamén tivo palabras o edil carballiñés para o colectivo de Aspadisis “cos que levamos tempo traballando e colaborando, e cos que temos xa proxectos para seguir traballando xuntos”.
Pola súa banda o presidente provincial destacou tamén o traballo e a ilusión coa que Fademga organiza cada ano este tipo de iniciativas e, como non, aplaudiu a decisión de regresar ao Carballiño para esta xuntanza.
A organización conta xa con máis de 1.200 persoas inscritas para esta xuntanza, e calculan que se poderá chegar aos 1.500 participantes. O programa a desenvolver este próximo domingo será o seguinte:
10:30 h.: Chegada dos participantes
11:00 h.: Acto de Inauguración e entrega da Medalla Special Olympic Galicia
12:00 h.: Celebración da Misa
12:30 h.: Actuacións musicais
14:00 h.: Comida
15:30 h.: Fallo do Concurso de repostaría e actividades (orquestra e ocio)
19:00 h.: Clausura e entrega de premios











