A Xuntanza de Fademga no Carballiño acolleu máis de mil cincocentos romeiros

Xuntanza de Fademga no Carballiño
O parque municipal do Carballiño foi, novamente, o escenario perfecto para a celebración das xuntanzas que a asociación Fademga realiza todos os anos, e que levaban sen celebrarse algúns na vila do Arenteiro. Malia a alta calor foron máis de mil laspersonas que acudiron a esta cita, motivados sobre todo polo lugar de celebración e, como non, por loanza alegría e bo ambiente que sempre se respira neste tipo de acotos organizados polo colectivo de discapacitados galegos.
O alcalde carballiñés, acompañado pola edil de Benestar Social, destacaron a perfecta organización e “o interese que temos no Carballiño de seguir albergando as celebracións deste colectivo, que nunca deberon abandonar o noso parque municipal,”. Marnotes agradeceu a presenza de todos os membros de Fademga, e destacou o bo traballo que están a desenvolver cos seus socios do Carballiño, o colectivo Aspadisi “cos que queremos seguir colaborando”.
Para o goberno local “é imprescindible seguir apostando por accións de integración na sociedade, e son precisamente esas as que habemos postos en marcha dende o concello, e as que estamos a preparar para realizar nun futuro moi próximo”.
Ademais das autoridades locais, tamén asistiron a esta xuntanza o delegado provincial da Xunta de Galicia.











