A VII edición do Saldomarín dará comezo o venres 2 e prolongarase ata o domingo 4 de agosto
O vindeiro venres día 2 de Agosto ás 10.45 horas, terá lugar na carpa situada na Alameda de Marín, a inauguración da VII Edición do SALDOMARÍN, que tralo éxito das anteriores edicións xa se converteu nun referente neste tipo de eventos na Comarca do Morrazo e inmediaciones. En devandito acto de inauguración, contaremos coa asistencia de diversas autoridades, entre as que cabo destacar: a Sra. Alcaldesa do Concello de Marín, Dña María Ramallo Vázquez e a Directora Xeral de Comercio Dña Sol Vázquez, admeás doutras autoridades locais.
Baixo unha superifice de 500 m2, 21 expositores (dos cales o 75% son de Marín) ofrecerán a uns prezos extraordinarios (descontos desde o 50%) produtos relacionados cos seguintes sectores:
Moda home – muller, moda infantil, óptica, lencería, artesanía, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, joyería, naútica, bisutería”
Queremos facer fincapé, que nesta ocasión a demanda para participar no salón triplicaba á oferta existente, recibindo solicitudes de toda a xeografía galega (Ferrol, Santiago, Ribeira, Noia, Sanxenxo, Villagarcía, Pontevedra, Bueu)
Durante os tres días nos que se desarrrollará o evento, o horario será de 11 a 15 e de 18 a 23. A entrada será gratuíta.
Como novidade nesta edición, dispoñeremos de servizo de guardería (de 11 a 15 e de 18 a 21.30 hrs.) para que os pais poidan deixar aos seus hij@s, e así efectuar as súas compras dun xeito máis cómodo. Este servizo, ofrécese como resultado do acordo alcanzado coa organización da carreira popular 10 Marín, mediante o cal dende Estrela de Marín, aportaranse vales compra para gastar nos stands, que se sortearán entre os participantes da carreira.
Por outra banda, a Diputación de Pontevedra, vén de concedernos, a través do seu Plan Cultural, dúas actividades de dinamización dirixidas aos máis pequenos, que consistirán no seguinte: Sábado día 3, de 12 a 14 horas, talleres de globoflexia e chapas e Domingo día 4, de 13 a 14, contaremos cun espectáculo de maxia. A Ludoteca A Illa dúas Nenos, será a encargada de poñelas en marcha.
O evento conta coa colaboración do Concello de Marín (que nos cede a ocupación de parte da Alameda), da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Comercio) e da Caixa.











