A Universidade Juan Carlos I presenta #coruñasemueve como modelo para promover o turismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo que preside Luisa Cid, foi un dos destinos invitados pola Universidade Juan Carlos I, xunto coa Costa Brava e Noruega, a participar no “I Curso de Verano La nueva comunicación viajera: blogs y Turismo 2.0 en España”, que se celebra entre o 15 e o 19 de xullo en Aranjuez, para presentar a marca #coruñasemueve como modelo de estratexia turística de promoción e captación de novos mercados.

O Consorcio de Turismo presentou ante os máis de 100 alumnos inscritos no seminario a estratexia deseñada polo Concello coruñés para promover a cidade nas redes sociais e para ter unha presenza activa e cada vez maior na era 2.0, unha auténtica revolución que cambiou as formas e modos das campañas.

Na intervención, A Coruña incidiu en que #coruñasemueve se achegou a un público máis novo e áxil, a segmentos de poboación moi participativos, e que iniciativas como #objetivocoruña, un evento que reúne grandes fotógrafos de viaxes para promover A Coruña en internet como destino turístico e ampliar o arquivo fotográfico da cidade, tivo unha gran repercusión nas redes sociais.

O panorama actual da blogosfera de viaxes, as redes sociais no sector do Turismo ou como converter o turismo en noticia foron outros dos temas abordados durante a xornada de hoxe na que participaron, en mesas redondas e conferencias, profesionais do mundo do turismo, do periodismo e da fotografía de viaxes, ademais de expertos en redes sociais e da mercadotecnia on line.

18 de xullo de 2013 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.