A Ruta da Auga e da Pedra e o Monte do Castro consolídanse como reclamo turístico de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaRibadumia
A-
A+

Dende a oficina de Turismo do Concello de Ribadumia valorase positivamente o transcurso da tempada estival. As estatísticas do volume de turistas que se achegaron ata o municipio no que vai de verán inclúen entre os seus principais atractivos as rutas de sendeirismo e o patrimonio etnográfico e cultural. A Oficina de Información Turística de Ribadumia atendeu dende o mes de maio preto de 1.300 persoas, que na súa meirande parte interesáronse polos valores naturales do concello como a Ruta da Pedra e da Auga.

Os días de maior afluencia turística son os sábados e domingos que recollen a meirande parte das visitas turísticas. A procedencia dos turistas  e diversa Murcia, Castela león, Asturias, Madrid, Cantabria, Extremadura  e País Vasco inda que no 80% dos casos é turismo procedente da própias comunidade. Estes chegan a Ribadumia por recomendacións de amigos, pero tamén tras buscar en internet os puntos turísticos atractivos da comarca.

As adegas e os pazos, as igrexas e outras construcións patrimoniais foron os puntos de maior interese para os turistas, aínda que o maior atractivo de Ribadumia durante estas datas volveron e a Ruta da Pedra e da Auga, que se achega ata o Mosteiro da Armenteira. O Xacemento arqueolóxico  monte do Castro tamén esperta un incipiente interese dos visitantes que se acercan ata alí ou que participan nas visitas guiadas dos venres.

Desde o Concello de Ribadumia, a alcaldesa Salomé Peña mostra a súa satisfacción porque “as iniciativas que se están levando a cabo para dinamizar o turismo e para que os visitantes que se achegan á comarca fagan a súa parada en Ribadumia están dando resultado. Ribadumia é un concello cunhas extraordinarias comunicacións e que garda unha grande riqueza natural, paisaxística e patrimonial”. Á Ruta da Pedra e da Auga hai que engadir os paseos fluviais que percorren a beira do río Umia, desde Barrantes a Cabanelas e en Pontearnelas, así como o xacemento arqueolóxico do Monte do Castro. Pontearnelas, a recuperación das fontes, lavadoiros e muíños forman parte do atractivo patrimonial do concello.

16 de xullo de 2013 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.