A rúa de San Pedro será pechada ao tráfico o máis tarde posible para minimizar as molestias

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

Durante toda esta semana estase a realizar na rúa de San Pedro todos actuacións de implantación previas ao comezo dos traballos da maquinaria pesada (excavadoras, taladradoras, etc…) Estase a realizar o replanteo “in situ”,sobre o terreo e están presentes na obra o director facultativo, os técnicos municipais, os representantes da empresa e en coordinación coa Policía local.

Estas tarefas son as ordinarias e propias de toda obra: hai que decidir a reubicación de arquetas, de mobiliario, de semáforos, coordinarse coas empresas suministradoras (AQUAGEST, ELECTRICIDADE, TELEFONÍA, etc…) Asimesmo, a empresa está ubicándose (casetas, operarios, maquinaria, etc…)

Polo tanto, estase a retrasar ao máximo o corte do tráfico rodado, tanto polas demandas veciñais, como polo feito de que, polas peculiaridades da obra, dende o inicio da mesma terá que restrinxirse a circulación . Non obstante, vaise manter, durante todo o tempo da obra o tráfico peonil, o tráfico de barrio (carga e descarga, e vehículos de emerxencias) e o acceso aos dous garaxes existentes.

En caso de tratarse doutra obra, a rúa xa estaría cortada, pero as peculiaridades e especial sensibilidade, tanto polo tráfico rodado como peonil (turístico e de barrio) vaise retrasar ao maximo o peche efectivo. En todo caso, avisarase coa antelación mínima de 24 horas (intentarase que sexa maior) o peche da rúa.

3 de xullo de 2013 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.