A Rúa Aquilno Sanchez do Carballiño xa conta con novo aglomerado en toda a súa superficie

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño xestionou coa empresa encargada da reparación da rúa Aquilino Sanchez o arranxo definitivo desta, para evitar maiores problemas aos seus veciños e usuarios. Cabe recordar que nun principio o proxecto para esta rúa era de supresión das fochas e un rego asfaltico. Esta solución nunca quedou ben polo que dende alcaldía e a concellaría de obras premeron a empresa para que deixasen a rúa nun perfecto estado para o seu tránsito, tanto de vehículos coma de peóns.

Finalmente o concello conseguiu que a empresa encargada deste proxecto realizase outro, de maior investimento e sen que custase nada ás arcas municipais, e que fose definitivo. Dende a empresa optouse por realizar un aglomerado asfáltico de toda esa rúa, dende o cruzamento coa estrada de Señorín ata a baixada de Flores, co que non se producirán máis problemas nesta zona.

En todo momento a empresa asumiu que o traballo que realizaran non era satisfactorio, polo que procederon a esta solución definitiva. Dende o concello pídese desculpas aos veciños e usuarios polos problemas ocasionados ata agora.

18 de xullo de 2013 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.