A próxima excursión do plan turístico Terras da Auga e Cultura terá lugar o 22 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa de que o vindeiro luns vaise celebrar a quinta excursión organizada dentro de “Terras de Auga e Cultura”, un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade.

Nesta ocasión o destino será Rábade e a data da excursión cambiouse ó luns porque se trata de coñecer o animado ambiente que se vive na Feira de Rábade.

Aproveitando a celebración deste mercado tradicional vanse visitar, tamén, os recuncchos máis fermosos desta vila. O percorrido inclúe visita á Casa das Insuas,  roteiro circular a carón do río, Feira de Rábade e visita por outros puntos de interese da vila.

O prazo de inscrición estará aberto ata mañá ás 14.00 horas.

A saída será o luns, ás 10:30 horas, da zona peonil da Ronda da Muralla (altura Porta de Bispo Aguirre) e volta ó mesmo punto sobre ás 18:30 horas. Recoméndase levar auga, o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar, porque se fará unha andaina dunha hora e media de duración. Non son traxectos duros nin longos, polo que está recomendado para todos os públicos.

Son visitas gratuítas e os interesados poden inscribirse ata as 14:00 horas de mañá, sábado, na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658) ou tamén chamando o teléfono de Atención Cidadá do Concello de Lugo 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo).

19 de xullo de 2013 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.