A praia de Loira en Marín será sede do Campionato Galego de Balonman Praia
O fin de semana correspondente ós días 13 e 14 de xullo celébrase na praia de Loira en Marín a 4º ronda do III Campionato Galego de Balonmán Praia, organizado pola Federación Galega de Balonmán.
Un campionato que ano a ano vai gañando cada vez máis adeptos e incrementa o número de sedes ata acadar un alto prestixio a nivel nacional e que conta cun alto número de participantes dende xogadores de alta de competición a xogadores amateur.
Desta vez, o areal de Loira acolle a cuarta manga das seis que conforman o circuito galego que dispón de catro categorías: senior masculino e femnino e xuvenil masculino e femenino.
Os interesedaos poderanse inscribir a través da web da Federación Galega de Balonmán.











